About us
“Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ( APDR ), nace a finais de 1987 como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na zona; trátase dunha asociación ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -con independencia da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e potenciación da maior das riquezas ecolóxicas da nosa bisbarra: a ría e o seu contorno. A nosa aspiración a un modelo de desenvolvemento sustentábel, baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros e forestais e dun turismo alternativo, e o convencemento de que este desenvolvemento económico e ecolóxico da bisbarra vai ligado en moi boa medida á recuperación do ecosistema rio-ría , xustifican de cheo a adopción do nome da Asociación.
contact
website
location
Rúa dos Soportais nº 9, 1º apdo. of post offices 41436080 Pontevedra. Pontevedra